|
|
:: CIRCULAR
|
|
Marzo 2006
|
:: ESCALADA: TODO MARZO
Este ano imos facer unha nova experiencia: todos os luns e xoves de 19 a 20'30h estarán dous compañeir@s atendendo o rocodromo. ¿Para que?, Queremos que a xente se aficione, que o grupo de escaladores se amplie. Que Ferrol, sexa unha referencia neste deporte. Non queremos que sexa so Pati a que compita a alto nivel queremos ter moit@s deportistas, correde a voz e apuntadevos.
:: TARXETAS FEDERATIVAS
As tarxetas federativas xa están sendo repartidas, se ainda non nos puxemos en contacto contigo e a queres, avisanos.
:: PROXECCIONS: NOS ANDES
A aventura do ano pasado de Vavi e Jose Manuel, terán o seu lugar na Saa Sargadelos (rua Maria) o venres día 3 as 20'30h, haberá imaxes de toda a sua peripecia
:: CAMIÑO A TEIXIDO
- Con esta circular vos chega o plano de Teixido, algo único, e hai que dicer que case esgotada a primeira edición de 1000 exemplares, estamos a traballar na edición en castelan.
- A expo de fotos de Teixido irá para Valdoviño, donde o xoves 2 as 20'30 estades invitados a presentación
- Tamén imos a colgar 100 carteis na ruta, e buscamos voluntarios, por suposto se paga a gasolina e os gastos
- Para rematar con este tema, estamos empezando a pensar nos 50 kms de este ano. E en torno a isto duas cousas,
1)se hai un voluntario para coordinar toda a marcha sería estupendo, para alixerarnos o traballo,
2)por outra banda se tedes ideas para a marcha, non dubidedes (por disparatadas que sexan) de comunicalas
:: ACTIVIDADES:
- TRAVESIA CORDILLERIA CANTABRICA.
-Se está a montar a ruta, que se perfilará o mercores 22, entre todos os que vaian, presumiblemente será por Babia, e estará ó alcance de todos (os que teñan un mínimo de experiencia en montaña)
- PENARRUBIA (Ancares), o día 11, sábado nun bus corto iremos ate o Porto do Portelo, dende alí 10kms de subida, e descenderemos hacia Brego e nos recollerá o bus no albergue, un día que non olvidaredes.¡garantizado!
- O mesmo día 11, para aqueles que non podades vir, haberá unha marcha por San Pedro de Leixa, por onde teñen pensado mete-lo poligono. As 10'30h no aparcamento da Casa do Monte, se visitarán as pequenas fragas, a Capela de San Pedro, e o castro de Leixa.
- FERVENZAS DE SOMEDE, para rematar marzo o 26 iremos ate As Pontes, a beira do Eume e as Fervenzas de Somede, donde xa estivemos hai 3 anos, serán os nosos obxectivos
- MARROCOS: en Semana Santa hai unha saída da federacion ó alto altas marroqui, se estades interesados pasade polo clube.
- CURSO INICIACIÓN A MONTAÑA NEVADA: O PRIMERIO FIN DE SEMAN DE MARZO, A Escola galega de Alta Montaña organiza un curso de iniciación
:: DVD
Mercamos tres dvd de escalada, e todo "Al filo de lo imposible" están a vosa disposición no clube.
:: FOLLETO REPTILES.
Aqueles que estades interesados na natureza, editamos o último exemplar de cadernos das Aulas verdes, este corresponde ós réptiles. Se os queredes pasade polo clube, mandade un correo, ou chamade por télefono, que volo faremos chegar.
:: VENDAS
Xa saíron a pantalla e mais o televisor, ainda queda por librar o estante do video e o proxector de diapos, se estades interesados pasade pola secretaría.
O mel, un bastón e un par de camisetas talla M, ainda quedan no clube, así como metopas de cerámica e parches de tela có logo.
¡¡¡PRIVACIDADE DE DATOS!!! .
Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos, nestes tempos de tanto "SPAM"
|
|
|
|
|
|