Outubro 2006
:: Seguimos adiante
Entre temas burocráticos, de reestructuración e algún tema máis, seguimos a traballar. Realmente seria bo que un grupo de xente, se presentara antes de que o actual se esgotara de ideas e de traballo.
No clube temos enriba da mesa varios grandes proxectos dos nosos socios :
- Os equipos de Raids, quedaron ben calsificados este ano (2º Galego), pero agardamos mellorar este tema.
- O ano que ven socios queren atravesar Groenlandia ou ascender o Pico Lenin.
Seguídenos contando cousas, a bon seguro o clube non será de "primeira división" pero os socios que temos no C.M.F. son todos de Campion para arriba.


:: ELECCIONS NO CLUBE

Na Asamblea Extraordinaria do día 6, acordouse un calendario que remata, para presentar candidat@s o venres 20, así que animamos a tod@s aqueles/as, que se animen, A Xunta Electoral quedou composta por Che Neira, Luisa Goday e Elena Pérez, O Regulamento das Eleccións está no clube para todo aquel que queira. Sería bo que houbera recambios, pois o traballo ainda que non mata algo queima, ¡¦..e de lumes este ano imos ben

:: POSTOS DE TRABALLO

Estamos a piques de rematar o proceso de seleccion dos case 20 curriculums que nos remitiron, en breve vos presentaremos a nova cara do clube detras da fiestra de entrada

:: PROXECCIONS - ACTIVIDADES
  • O venres 27 de outubro, temos as 20'30 proxeccion de imaxes , e o 17 de novembro outra, ainda non sabemos a orde pero unha e sobre o Kilimanjaro e outra sobre sudafrica.
  • Domingo 22 .- SAIDA O RIO SOR, impresionante percorrido nunha zona a cabalo entre Lugo e Coruna, moi facil. (Tinamos previsto Barbanza, pero co que ardeu...)
  • 11 e 12 de Novembro- SERRA DO CAUREL. Fin de seman nesta impresionante serra coas coores tipicas do outono.
  • 19 de novembro .- MAGOSTO, posiblemente no muiño de Pedroso, estade atentos pois se ira e se voltara no tren
:: FERROL DEPORTE
Temos case a punto os estatutos dunha entidade na que coincidiremos para promocionar o deporte en Ferrol, entre os que facemos a Loteria (que por certo esta a punto de sair), e dende ahi lanzar un xornal, unha paxina web e unhas cantas iniciativas mais.

:: PLATAFORMA POLA DEFENSA NATURAL E PATRIMONIAL DOS MONTES DE BRION
Xa sabedes que estábamos metidos nesto pois entendíamos que o polígono proposto non era o sitio… pois ben xa vedes que esta posibilidad se alonxa cada vez máis, a ver se nos fan caso e recollen aquelas 10 ideas para unha grande área natural, que lles presentamos a TODOS os partidos políticos dende ahí anos e que ningun nos fixo caso

:: PRIVACIDADE DE DATOS
Nin cedemos teléfonos, nin enderezos, nin correos electrónicos. O feito de ser socio do Clube, implica unha total privacidade nos datos, así que non vos pareza mal, é norma común e é polo ben de todos, nestes tempos de tanto "SPAM"