I Raid Desafio Ferrolterra

O dia 21 de Maio organizabamos o primeiro RAID de aventura da nosa cidade.A proba,valedera para a Liga Galega de Raids de Aventura contou con 58 participantes,12 na categoria elite e 46 na categoria aventura.

A competicion comezou as 10 da maña cun percorrido urbano pola zona do Porto e Canido.Os equipos de elite debian ademais realizar un bonito rapel no Baluarte de San Xoan.A segunda seccion consistia nunha etapa en kaiaks autovaleirables dende A Cabana ata as praias do Castelo de San Felipe.Ali ademais,habia unha baliza especial,sumerxida, que puxo a proba a destreza e resistencia o frio dos participantes.Tras deixar os kaiaks no embarcadeiro do Castelo de San Felipe,debian entrar a atopar unha baliza sonora polas escaleiras,rampas e furados do castelo.Os visitantes do castelo, observaban asombrados os mollados raiders correndo dunha estancia a outra.

E nada mellor para quitar o frio do corpo,que as fortes pendientes ata os montes de Brion.Unha subida constante levaba ós participantes os altos sobre a praia de Doniños.Ali,tras fichar unha baliza nun bunker,se lanzaban á carreira por un empinado cortalumes sobre a praia de Lume-Boo.Xa so quedaba cruzar correndo a longa praia de Doniños para chegar ata as suas asistencias.

Comendo mentras cambiaban as roupas (nos RAIDs non para o tempo),se esforzaban en atopar no mapa o mellor percorrido en bicicleta da seguinte seccion.Esta etapa tipo score,era quizais a mais tecnica xa que permitia un numero grande de variantes.Cun tempo de 2 horas para o primeiro e de 3 para a maioria de equipos,empezaban a perfilarse xa as futuras clasificacions do RAID.

Chegaba o tempo da orientacion matematica,unha seccion sobre mapa de orientacion,onde os equipos podian escoller as balizas a picar co unico fin de acadar 7 puntos.De novo multiples variantes que a maioria resolveron ben.As paisaxes dos montes de San Xurxo fixeron as delicias dos participantes,afastados das carreteras e do ruido neste tranquilo rincon da costa.

Xa so quedaba volver a meta,de novo na bicicleta.Ainda que o desnivel non era grande,notabanse xa as horas de exercicio nas pernas.A profusion de camiños na baixada de Balon à Cabana obrigaba de todos modos a non perder de vista os detalles do mapa.

O primeiro equipo,o Buff Thermocool,chegaba a meta despois de so 6 horas de carreira,deixando ver claramente a sua condicion de campeons do mundo.

A tan so 22 minutos entraba o Gallaecia Raid tamen na categoria élite e en 7 minutos faciao o Liceo Vulpes,primer equipo de aventura.Uns tempos mais que bos para un recorrido de 78 Km e 2000 m de desnivel.

O resto de equipos irian chegando escalonados ata compretar as 9 h e 30 minutos,tempo maximo do que dispoñian para entrar na meta.

Pero o descanso faciase de rogar e os equipos de aventura ainda tiñan que facer o rapel que os seus compañeiros de elite fixeran na maña.De novo sorprenderian os ferrolans descendendo polos muros do Baluarte no porto.

Agora si,chegaba o tempo dos premios e dos pinchos de confraternizacion,onde a baliza submarina e a acustica foron as que mais deron que falar.

Deja un comentario