O pasado sabado dia 11 de Xuño celebrouse a cuarta proba de RAIDs da Liga Galega. A carreira disputouse por terras de Negreira,con etapas a pé,en bicicleta de montaña ,kayak e descenso de cañons.
As duas probas no rio (cañon e kayak) foron especialmente espectaculares,dicurrindo polos fantasticos paisaxes do camiño Santiago-Fisterra.
A carreira comezaba cun bonito trekking ata Ponte Maceira,ponte de paso do Camiño Santiago- Fisterra sobre o Tambre.Ali collianse os kayaks rio abaixo,onde a maior dificultade estaba en superar unhas pequenas presas de roca sen baixarse.Mais de un raider disfrutaba xa de un baño nas primeiras horas da mañana.
De volta a Negreira,chegaba o turno da bicicleta de Montaña.Nesta seccion empezaban xa a separarse os equipos polos problemas para atopar algunha das balizas.Chegabase o pobo de Lueiro sobre o mediodia,e a maioria dos equipos,decidian sair xa co traxe de neopreno posto,dada a proximidade do rio.
Esperabanos a proba mais orixinal deste RAID,un descenso polo Tambre nunha zona de rapidos e rocas.Pero non habia kayaks esta vez.Os raiders debian nadar ou deixarse arrastrar polos rapidos rio abaixo,evitando os pasos mais perigosos polas rochas.
Despois dunha hora de rio,subiase por un frio riachuelo,que non resultaba doado de remontar,obrigando a trepar por rochas e a agarrarse as polas todo o camiño.
Xa por ultimo voltabase o pobo por sendeiros,resultando un tempo de 2 horas e media para os mais rápidos e de mais de tres horas para a maioria dos equipos.
A ultima seccion era a volta a Negreira en bicicleta, por pistas e sendeiros ,alguns tamen parte do camiño Santiago-Fisterra.O noso equipo Montaña Ferrol Curuxeiras,chegaba a meta de primeiro da categoria Aventura,despois de 8 horas e 54 minutos de competicion e case unha hora por diante do segundo clasificado.
Os outros tres equipos do clube,loitaban por aproveitar o tempo ata o peche,intentando recuperar o perdido nalgunha baliza e nos sempre inoportunos pinchazos.
Sen dubida un RAID divertido e orixinal que nos leva xa a encarar o proximo desafio en Ordenes,o dia 2 de Xuño.
¡¡ Sorte òs nosos valerosos raiders !!